Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O LOCAL SOCIAL DO ALTO ACOLLERÁ DÚAS CONFERENCIAS DO PROGRAMA MUNICIPAL A SAÚDE MENTAL IMPORTA
A concelleira de Benestar Social, María Lorenzo, animou á cidadanía a acudir a estas conferencias, con entrada libre
Narón, 16 de outubro de 2024. A concelleira de Benestar Social, María Lorenzo, informou da próxima celebración, este mes de outubro, de dúas conferencias no local social do Alto enmarcadas no programa municipal A saúde mental importa. A primeira delas será este venres, día 18, ás 19.00 horas e correrá a cargo da socióloga, coach familiar e experta en mindfulness Marga Carballo. É bo poñerse obxectivos? é o título desta conferencia, con entrada libre ata completar a capacidade da sala. A segunda das sesións programadas será o 26 deste mes, ás 11.00 horas, e na que a psicóloga e psicoterapeuta especializada en trauma complexo, apego e disociación, trastornos alimentarios e psicosomática médica, Natalia Seijo falará sobre O impacto do trauma psicolóxico no corpo. O acceso á conferencia será tamén libre ata completar a capacidade da sala. O programa A saúde mental importa incluirá novas propostas ata o seu remate, en decembro deste ano. A través do mesmo, tal e como explicou María Lorenzo, apóstase por previr o deterioro da saúde mental e o aumento da depresión e outras doenzas entre a poboación de Narón. Para acadar este obxectivo “ofrecerase á cidadanía, de mans de profesionais nesta área, unha serie de ferramentas a través das que poder previr ese deterioro e, ao mesmo tempo, poder mellorar o benestar social, tanto a nivel individual como comunitario”. María Lorenzo animou ás veciñas e veciños da cidade a acudir a estas conferencias “para adquirir coñecementos da man de profesionais na área da saúde mental para poder detectar posibles problemas e mesmo previlos ou afrontalos”.

<<< Outubro 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31  
Eventos do Concello
naron.gal