Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
APERTURA DO PRAZO DE INSCRICIÓN PARA ACUDIR ÁS VISITAS GUIADAS NA BIBLIOTECA MUNICIPAL E NA AXENCIA DE LECTURA DA GÁNDARA
Na Biblioteca as visitas programáronse para os días 24 e 25 deste mes e na Axencia de Lectura da Gándara o día 25, tal y como indicó la edil de Bibliotecas, Olga Ameneiro
Narón, 17 de outubro de 2024. As persoas que desexen coñecer as instalacións e os servizos que se prestan nas instalacións da Biblioteca municipal e na Axencia de lectura da Gándara poderán facelo a través das visitas guiadas que se programaron para a vindeira semana. Para poder acudir, tal e como recordou a edil responsable da área, Olga Ameneiro, é preciso inscribirse a partir de mañá venres, ás 9.30 horas, no mostrador da sala de adultos da Biblioteca ou chamando ao número de teléfono 981 382 173 en horario de apertura. As visitas programadas á Biblioteca municipal serán o xoves 24 de 18.00 a 19.00 horas e o venres 25 pola mañá, de 11.00 a 12.00. No caso da Axencia de Lectura da Gándara programouse unha única xornada, o venres 25 en horario de 17.30 a 18.30. A iniciativa enmárcase nunha xornada de portas abertas organizada con motivo do Día Internacional das Bibliotecas, que se conmemora cada 24 de outubro.

<<< Outubro 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31  
Eventos do Concello
naron.gal