Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
COMEZAN AS ACTIVIDADES PARA MAIORES DO PROGRAMA ENCONTROS EN PEDROSO, SANTA ICÍA E O ALTO
A concelleira de Benestar Social, María Lorenzo, informou que aínda quedan algunhas vacantes
Narón, 18 de outubro de 2024. O programa municipal Encontros, dirixido a persoas maiores de 60 anos de Narón, comezou xa a desenvolverse. Os centros sociais de Pedroso, Santa Icía e O Alto do Castiñeiro acollen as actividades enmarcadas nesta iniciativa, que se levará a cabo ata o vindeiro mes de decembro e para a que aínda quedan algunhas prazas libres, tal e como indicou a concelleira de Benestar Social, María Lorenzo. Actividades recreativas, culturais, deportivas, educativas… forman parte deste programa que se desenvolve os xoves, entre as 10.30 e 12.30 no Alto; os venres de 10.00 a 12.00 horas en Santa Icía e os sábados de 16.00 a 18.00 horas en Pedroso. Os maiores poderán participar en saídas e merendas comunitarias, actividades vencelladas coa música, obradoiros de alimentación saudable e cociña tradicional… ata completar a ducia de sesións programadas para os tres grupos que se conformaron, de dúas horas de duración cada unha delas un día á semana. As persoas interesadas en recibir máis información ou en inscribirse neste programa poden chamar aos números de teléfono 633 230 054 ou 613 196 841.

<<< Outubro 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31  
Eventos do Concello
naron.gal