Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A BIBLIOTECA ORGANIZA UN OBRADOIRO INFANTIL E UN ESPECTÁCULO DE NARRACIÓN ORAL PARA PÚBLICO XUVENIL E ADULTO
A concelleira de Bibliotecas, Olga Ameneiro, anunciou que mañá abrirá o prazo de inscrición no obradoiro Bibliosaia
Narón, 21 de outubro de 2024. O Concello conmemorará o Día internacional das Bibliotecas cun obradoiro creativo programado para este sábado, día 26, ás 11.00 horas na Biblioteca municipal. Así o anunciou a edil responsable da área, Olga Ameneiro, que informou que a proposta consistirá na elaboración dunha saia perfecta a través dos retallos que farán os nenos e nenas a partir de 4 anos dende os retallos que xurdirán dos pensamentos e sentimientos ou ideas que a cada un deles lles inspire a biblioteca. O obradoiro Bibliosaia, que é como se denomina esta iniciativa creativa infantil, dará comezo ás 11.00 e require inscrición previa. As inscricións poderán realizarse a partir de mañá ás 16.00 horas de xeito presencial na Biblioteca ou chamando ao número 981 382 173 en horario de apertura. Os menores deben ter os 4 anos cumpridos e o carné da rede de bibliotecas sen sancións pendentes. A programación da Biblioteca inclúe ademais unha proposta previa, que terá lugar este venres, día 25. Dani Blanco ofrecerá un espectáculo para público xuvenil e adulto onde a teoría do caos e as revolución históricas se entrelazan coa obra mestra de Xosé Neira Vilas, Memorias dun neno labrego. Nun ton humorístico a peza, que dará comezo ás 19.30 horas, levará a o espectador a unha viaxe que é unha homenaxe á revolución desencadeada pola obra do citado autor. Partindo da famosa idea de que o bater de ás dunha bolboreta en Australia pode provocar un furacán en América, este espectáculo transportaranos dende Buenos Aires ata a caída do Muro de Berlín. No camiño, farase unha parada en momentos icónicos como o maio do 68 en París ou fenómeno musical dos Tamara. A voz de Dani Blanco estará acompañada do acordeón de Zé Pumar, que interpretará cancións de George Brassens. A entrada é libre e de balde ata completar o aforo da sala.

<<< Outubro 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31  
Eventos do Concello
naron.gal