Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A BIBILIOTECA ACOLLEU ONTE A ACTIVIDADE LIBROS DE PEL AUTÉNTICA PARA AFONDAR NO CONCEPTO DA BIBLIOTECA HUMANA
A edil de Bibliotecas, Olga Ameneiro, asistiu á convocatoria e agradeceu a implicación dos participantes
Narón, 24 de outubro de 2024. A concelleira de Bibliotecas, Olga Ameneiro, participou onte á tarde na actividade Libros de pel auténtica, inspirada no concepto de biblioteca humana. Tres persoas-libro, con vidas marcadas por estereotipos e estigmas que persisten na sociedade, foron os protagonistas desta convocatoria, que se desenvolveu entre as 17.00 e 19.00 horas na Biblioteca municipal. Juan Luis Recio falou da experiencia dun home homosexual que viviu diferentes etapas históricas dos movementos do colectivo. Por qué o chamas sexo cando quero dicir amor?: descubrir a sexualidade no franquismo e vivencia LGTB en tempos revoltos foi o título da convocatoria, realizada en colaboración con Alas A Coruña. O reflexo de Thalía: historia dunha muller humana, foi outra das propostas, neste caso protagonizada por Thalía Romero, unha moza xitana que narrou a súa experiencia rachando cos estereotipos desta comunidade. A asociación Acción Familiar Ferrol colaborou coa iniciativa. Hiba Diboun, unha moza inmigrante marroquí musulmana, integrante do Club Atletismo Narón, tamén colaborador nesta proposta municipal, foi a encargada de contar a súa experiencia: Sin prexuízos: unha rapaza musulmana nun mundo diverso. Juan, Thalía e Hiba compartiron a súa historia co público que acudiu á convocatoria, que tuvo a oportunidade de explorar novas perspectivas e desafiar os estigmas sociais. Os asistentes tiveron a oportunidade de “ler” persoas en lugar de libros tradicionais, conversando directamente con elas para interesarse e profundizar nas súas historias e vivencias persoais. A concelleira de Bibliotecas agradeceu a implicación dos tres participantes e recalcou a importancia de derrubar prexuízos sociais a través do diálogo, promovendo a empatía e o entendemento a través das conversas e, ao mesmo tempo, reflexionado sobre temas de identidade, diversidade e inclusión.

<<< Outubro 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31  
Eventos do Concello
naron.gal