Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O GOBERNO LOCAL INSTA Á XUNRA A ASUMIR OS CONTINUOS INCREMENTOS QUE REPERCUTE AOS CONCELLOS DO PLAN DE TRANSPORTE METROPOLITANO
A edil de Transportes, Mar Gomez, denunciou o nulo compromiso da Xunta coas veciñas e veciños de Narón
Narón, 24 de outubro de 2024. A concelleira de Transportes, Mar Gómez, denuncia públicamente o gran incremento que a Xunta de Galicia aplica ao Concello para facer fronte ao servizo de transporte metropolitano. A edil criticou que “a estas alturas do ano reclaman a Narón 50.000 euros máis que no anterior exercicio, pasando a pagar no noso caso 97.000 euros das arcas municipais”. Gómez incidiu en que “a Xunta non pode seguir abusando dos concellos, vendendo unha gratuidade e unhas bonificacións nuns servizos, como neste caso o do transporte metropolitano, que sufragan en realidade afogando aínda máis ás administracións locais e facendo que ao final sexan os mesmos usuarios e usuarias os que paguen a través das arcas municipais”. A concelleira recalcou que “este é tan só un exemplo máis da xestión que fai a Xunta de Galicia dos recursos públicos e, máis aínda, coas veciñas e veciños de Narón, que tamén teñen que pagar a través do concello a xestión das escolas infantís municipais que noutros concellos abonan e, por se fose pouco, ver como ano tras ano os orzamentos da Xunta deixan sen investimentos a Narón”. A concelleira recalcou que “o que ten que facer a Xunta é velar polo cumprimento dos contratos do servizo de transporte, para que as 39 familias afectadas, traballadores de Tranvías de Ferrol subrogados por Alsa, poidan cobrar o que marca o convenio provincial do sector e acabar así cunha folga iniciada o pasado mes de xullo e deixar de mirar cara a outro lado”. A edil de Transporte recalcou que “o que fai a Xunta, á vista está, non é xestión, senón abuso e discriminación, algo ao que teñen moi acostumados aos naroneses e naronesas, que saben perfectamente que o compromiso da Xunta do PP coa cidade é nulo ano tras ano”. “Só miran para as cidades nas que gobernan, e temos exemplos moi preto, como Ferrol, onde irán a parar 110 millóns de euros fronte aos 0 de Narón nos orzamentos do vindeiro ano”, denunciou.

<<< Outubro 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31  
Eventos do Concello
naron.gal