Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN NO CONTACONTOS INFANTL E FAMILIAR BURROMAQUIA
A actividade terá lugar o sábado 2 de novembro na Biblioteca municipal, tal e como anunciou a edil de Bibliotecas, Olga Ameneiro
Narón, 30 de outubro de 2024. A Biblioteca municipal acollerá este sábado, día 2, o contacontos infantil e para público familiar Burromaquia, da compañía Fantoches Baj. A convocatoria dará comezo ás 11.00 horas e os nenos e nenas que queiran acudir poden anotarse no mostrador da Biblioteca ou chamando por teléfono ao número 981 382 173, tal e como indicou a edil responsable da área, Olga Ameneiro. Burromaquia é un espectáculo de narración oral a partir dunha selección de contos, fábulas, poemas e cancións no que se fala con simpatía dese animal tan entrañable como é o burro. Os menores participantes irán descubrindo a medida que avanza o espectáculo a historia do burro da Tía Lola, personaxe que popularizaron nun pasodobre os gaiteiros Os Dezas de Moneixas. Os nenos e nenas deben ter o carné da rede de Bibliotecas sen sancións pendentes para poder participar.

<<< Xullo 2025 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
naron.gal