Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CICLO DE CINE EUROPEO RETÓMASE MAÑÁ NO PAZO COA PROXECCIÓN DA PELÍCULA LA ZONA DE INTERÉS
A proxección poderá verse, de balde, a partir das 20.00 horas
Narón, 5 de novembro de 2024. O ciclo de Cine europeo organizado polo Concello e o Cineclube Serie B continuará mañá no Pazo da Cultura coa proxección de “La zona de interés” (2023), de Jonathan Glazer, Óscar á mellor película estranxeira e Gran Premio do Xurado en Cannes. Neste caso a temática xira en torno á vida de ensoño que pretenden construír un comandante e a súa muller nunha casa con xardín preto do campo. Na xornada do vindeiro día 13 poderase ver “The innocents” (2021), dirixida por Eskil Vogt. A película obtivo unha mención especial no festival de Sitges e estivo nominada a Un certain regard: mellor película no festival de Cannes. As vacacións de verán dunha familia que cambia de domicilio e a adaptación de Ida, unha nena, levarán ao público a descubrir unha serie de poderes que ten a menor xunto cos seus novos amigos. O ciclo rematará o día 20 coa proxección de “Dolor y gloria” (2019), do cineasta Pedro Almodóvar. Gañadora de sete Goyas e seis premios Feroz, incluíndo mellor película, nominada ao Óscar, narra unha serie de reencontros na vida de Salvador Mallo, un director de cine no seu ocaso. Todas as proxeccións son de balde e darán comezo ás 20.00 horas, tal e como se recordou dende a organización.

<<< Maio 2025 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
naron.gal