Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A ALCALDESA ENTREGOU HOXE OS DIPLOMAS DO CURSO DE OPERADOR/A DE GUINDASTRES DE TALLER
A rexedora local, Marián Ferreiro, e a edil de Formación, Natalia Hermida, conversaron co alumnado que rematou esta acción formativa
Narón, 15 de novembro de 2024. O Centro Municipal de Formación Irmás Froilaz, na Gándara, acolleu esta mañá o acto de entrega de diplomas dunha das edicións do curso de Operador/a de guindastres de taller: ponte guindastre, pórtico e semipórtico, integrado no Programa Municipal de Formación. A alcaldesa, Marián Ferreiro, e a concelleira de Formación, Natalia Hermida, entregaron os diplomas –o municipal e o homologado pola Fundación do metal- ás once persoas que remataron esta acción formativa, na súa primeira edición, do 14 ao 30 de outubro. Ferreiro interesouse por coñecer de primeira man, a través do alumnado, a valoración que realizan deste curso, do que actualmente se está impartindo nas citadas instalacións municipais unha segunda edición, que rematará o vindeiro día 20 deste mes. O curso constou de 66 horas, en cuxa parte teórica se abordaron temas como a normativa, o operador de guindastre, coñecementos xerais de mecánica, tecnoloxía de aparatos de elevación, emprego dos aparatos de elevación e normas de seguridade, a manipulación de materiais e os controis, mantemento e avarías, entre outros. A rexedora local felicitou ao alumnado que rematou esta acción formativa, animándoos a facer uso dos recursos e ferramentas á súa disposición no Concello a través dos servizos de formación e emprego permanentes.

<<< Novembro 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal