Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
UNHA UNIDADE MÓBIL PARA A DOAZÓN DE SANGUE ESTARÁ TRES DÍAS DA VINDEIRA SEMANA NA CIDADE
As doazóns poderán realizarse os días 25, 26 e 29, os dous primeiros xunto ao novo centro de saúde e o último en Xuvia
Narón, 21 de novembro de 2024. Unha das unidades móbiles da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) estará na cidade os días 25, 26 e 29 deste mes. Nas primeiras xornadas, os vindeiros luns e martes, o vehículo estará operativo nas inmediacións do novo centro de saúde, o luns en horario de mañá e tarde, de 9:30 a 14:30 e de 15:30 a 21:00 e o martes pola tarde, de 15:30 a 21:00 horas. O venres 29 o vehículo desprazarase a Xuvia, concretamente ás inmediacións do xulgado de Paz, onde estará operativo pola tarde, dende as 15:30 ata as 21:00 horas. As persoas que acudan a doar sangue a primeira hora deben almorzar pola mañá e se van despois de xantar ao mediodía, terán que esperar dúas horas para poder facelo. Así mesmo, será preciso levar a tarxeta de doante, o DNI ou un documento similar e informar ao médico se se está tomando algún medicamento. Para consultar posibles dúbidas sobre a doazón de sangue e a localización das unidades móbiles pódese chamar, de balde, ao número de teléfono 900 100 828.

<<< Xuño 2025 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
naron.gal