Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO IZARÁ O SÁBADO A BANDEIRA GALEGA NA CASA DA CULTURA NO MARCO DUNHA CAMPAÑA PARA POPULARIZAR OS NOSOS SÍMBOLOS NACIONAIS
O acto institucional, no que se lerá un manifesto e se cantará o himno galego, dará comezo ás 12:00 horas
Narón, 21 de novembro de 2024. O Concello programou para este sábado, coincidindo co 23 de novembro, festividade local, un izado da bandeira galega que se levará a cabo ás 12:00 horas na Casa da Cultura. A iniciativa responde a unha proposta formulada pola Plataforma Social en Defensa dos Dereitos Nacionais de Galiza Vía Galega, conformada por 61 entidades e que aposta por impulsar iniciativas para propagar e popularizar os nosos símbolos nacionais, entre eles o himno e a bandeira. O Consistorio sumouse á campaña de colocar e exhibir bandeiras, programada coincidindo coa semana na que se celebrou, durante o 17 e 18 de novembro de 1918 a I Asemblea Nacionalista das Irmandades da Fala, da que se cumpriron 106 anos. Por este motivo, entre o 17 e o 23 de novembro deste ano animan a cubrir toda a xeografía galega de bandeiras galegas, engalanando tamén fiestras e varandas. O propio 23 haberá un acto en varias localidades galegas, entre elas Narón, para izar e colocar esas bandeiras nun lugar vistoso. No acto participarán representantes da corporación local e procederase a ler un manifesto sobre a patria galega, a súa historia e as súa galeguidade.

<<< Xuño 2025 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
naron.gal