Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A ESCOLA DE PARTICIPACIÓN CIDADÁ RETOMA A SÚA ACTIVIDADE DENDE A CASA DA CULTURA
A edil de Participación Cidadá, Olga Ameneiro, informou das diferentes vías para poder contactar coas persoas que atenden este programa
Narón,18 de decembro de 2024. A Escola de Participación Cidadá retoma a súa actividade na Casa da Cultura. Así o indicou a edil responsable da área, Olga Ameneiro, que explicou que o primeiro e o terceiro xoves de cada mes estarán nas citadas instalacións atendendo ao público, no primeiro caso de 10:00 a 14:00 horas e no segundo polas tardes, de 16:00 a 20:00. O resto dos días poden desprazarse aos locais sociais da cidade, axendando previamente citas, o que se pode tramitar a través do enlace: i.gal/EPC_cita, cubrindo o formulario dispoñible, ou tamén contactando por teléfono, chamando ou escribindo un Whatshapp ao número 603 865 413. Outra vía para contactar co persoal é a través do correo: escolaparticipacion@naron.gal. A Escola de Participación é o programa do Concello de Narón para fomentar a participación activa da cidadanía e as entidades, que ofrece asesoramento, formación, asembleas e consellos territoriais, espazos de participación escolar para a mocidade e propostas de dinamización comunitaria, entre outras.

<<< Setembro 2025 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal