Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO INSTALOU CATRO BUZÓNS DE CORREO REAL PARA QUE AS NENAS E NENOS POIDAN DEIXAR AS SÚAS CARTAS AOS REIS MAGOS
A edil de Festas, Mar Gómez, informou que se colocaron no Concello, na Biblioteca, no Pazo da Cultura e no Complexo polideportivo municipal da Gándara
Narón, 18 de decembro de 2024. As nenas e nenos de Narón que queiran deixar nos buzóns de Correo Real da cidade as súas cartas aos Reis Magos de Oriente poderán facelo, ata o vindeiro 4 de xaneiro no Concello, na Biblioteca Municipal, no Complexo polideportivo municipal da Gándara e no Pazo da Cultura. A edil de Festas, Mar Gómez, animou aos menores a utilizar estes buzóns para que teñan canto antes as cartas os Reis Magos, e recordou que visitarán a cidade o vindeiro 5 de xaneiro. A Cabalgata sairá ás 18:00 da praza do colexio de Xuvia e percorrerá a estrada de Castela ata chegar á Praza de Galicia, onde terá lugar a recepción oficial para, posteriormente, falar coas nenas e nenos que se acheguen.

<<< Setembro 2025 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal