Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO ABRE O PRAZO DE INSCRICIÓN NAS ESCOLAS DE FAMILIA DO PROGRAMA MUNICIPAL DE EDUCACIÓN EXTRAESCOLAR
A concelleira de Ensino, Olga Ameneiro, informou que hai dispoñibles un total de 60 prazas
Narón, 21 de xaneiro de 2025. A concelleira de Ensino, Olga Ameneiro, anunciou a apertura, hoxe –e ata esgotar prazas-, da Escolas de Familias do Programa Municipal de Educación Extraescolar (Promedex). A actividade diríxese a familias de Narón con fillos/as escolarizados nos centros de ensino da cidade. As solicitudes poden presentarse a través da Sede Electrónica de Narón, no rexistro municipal ou a través de calquera dos lugares e rexistros establecidos nos artigos 14.1 e 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. Hai un total de 60 prazas (un máximo de 20 persoas por grupo) e crearanse un total de tres grupos: un para familias das escolas infantís (que se impartirá na escola infantil municipal da Solaina os últimos mércores de cada mes de 16:15 a 18:15 horas), outro para as de ESO e bacharelato (no centro cívico social do Alto os mércores de 18:30 a 20:30) e outro para as de educación infantil e primaria (no centro cívico social da Solaina os venres de 9:30 a 11:30 horas). A taxa establecida para esta actividade é de 8,15 euros ao mes por familia, tal e como se regula na ordenanza fiscal número 15. Os contidos a abordar durante as sesións, que se impartirán dende o mes de febreiro ata maio deste ano, divídense en tres grandes bloques: día a día, creando lazos afectivos e temas a debate. Deste xeito, falarase de estratexias e técnicas básicas para resolver conflitos cotiás, traballar estratexias de control de estrés e outras cuestións de interese para os participantes. A comunicación afectiva, o autocoidado e Benestar emocional, o cerebro infantil e adolescente, como guiar no estudo, a tolerancia á frustración, como falar de sexualidade e celos entre irmáns serán algúns dos temas a abordar nas sesións. Ao remate da convocatoria, no mes de xuño, levarase a cabo unha xornada de convivencia con todas as familias participantes, tal e como avanzou a concelleira naronesa. As persoas interesadas poderán dirixirse ao Servizo Sociocomunitario do Concello de Narón, teléfono 981337700, Ext. 1108/1109 e 1122.

<<< Outubro 2025 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
naron.gal