Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CENTRO CÍVICO SOCIAL DO ALTO ACOLLERÁ A VINDEIRA SEMANA A CHARLA "AUTOMATIZA O TEU MUNDO"
A edil de Promoción Económica, Olga Ameneiro, avanzou que a convocatoria dará comezo ás 19:00 horas
Narón, 23 de xaneiro 2025. O centro cívico social do Alto do Castiñeiro acollerá a vindeira semana, o mércores día 29, a charla “Automatiza o teu mundo”, a cargo de Álvaro Torres, profesional do sector da automatización. Trátase dunha convocatoria dirixida á cidadanía en xeral e con entrada libre. A concelleira de Promoción Económica, Olga Ameneiro, indicou que dará comezo ás 19:00 horas e avanzou que se afondará nunha serie de cuestións e ferramentas que permitan optimizar o tempo de lecer. Aforrar tempo, uso de ferramentas para facer tareas tediosas, busca exhaustiva de clientela… forman parte dos contidos de esta convocatoria, dirixida a todo tipo de públicos, tanto profesionais como curiosos na área das vantaxes dixitais.

<<< Outubro 2025 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
naron.gal