Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A ALCALDESA ENTREGOU HOXE OS DIPLOMAS AO ALUMNADO DE TRES CURSOS DO PROGRAMA MUNICIPAL DE FORMACIÓN
A rexedora local, Marián Ferreiro, e a concelleira de Formación, Natalia Hermida, felicitaron ás persoas que remataron os diferentes cursos
Narón, 23 de xaneiro 2025. A alcaldesa da cidade, Marián Ferreiro, e a concelleira de Formación, Natalia Hermida, entregaron esta mañá os diplomas correspondentes a tres cursos do Programa municipal de Formación a unha trintena de alumnas e alumnos. A convocatoria desenvolveuse nas instalacións do Centro Municipal de Formación Irmás Froilaz, na Gándara. As tres accións formativas, de Mantemento de vivendas, Operador/a de carrretillas e plataformas elevadoras PEMP (con certificación UNE) e Reposición, caixa e atención seccións supermercados, desenvolvéronse no último cuadrimestre do pasado ano, entre os meses de setembro e decembro. O curso de Mantemento de Vivendas tivo un total de 400 horas de duración, con 100 de prácticas en empresa, e rematárono 7 persoas; o de Reposición, caixa e atención sección supermercados foi de 200 horas, con 100 de prácticas en empresa e 10 horas de módulos adicionais, e realizárono 14 persoas, e o de Operador/a de carretillas e plataformas elevadoras-PEMP (con certificación UNE), de 35 horas e 15 de módulos adicionais, rematárono 14 persoas. Ferreiro interesouse ante o alumnado pola súa experiencia persoal nestas accións formativas, tanto na parte teórica como nas prácticas que nalgún dos cursos se realizaron en empresas da zona. Así mesmo, dende o Concello ofreceuse información sobre as previsións de cursos do Programa Municipal de Formación deste ano, avanzando que previsiblemente en febreiro sairá a primeira das convocatorias, sobre Peixería e destacando que se destinarán este ano uns 500.000 euros ás accións formativas dirixidas a persoas desempregadas. A alcaldesa e a edil de Formación felicitaron ao alumnado por rematar o curso e animáronos a facer uso dos servizos que nesta área, a través do programa Conectad@s polo emprego, se impulsa dende o Consistorio.

<<< Outubro 2025 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
naron.gal