Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A BIBLIOTECA E A AXENCIA DE LECTURA DA GÁNDARA ACOLLEN UNHA PROPOSTA PARA ATOPAR FRECHAZOS LITERARIOS CON CITAS A CEGAS COA LECTURA
A concelleira de Bibliotecas, Olga Ameneiro, animou á cidadanía a participar nesta iniciativa
Narón, 10 de febreiro de 2025. A Biblioteca municipal e a Axencia de Lectura da Gándara acollen esta semana a proposta “Namórate dun libro en San Valentín”, dirixida a persoas a partir de 16 anos. Unha iniciativa, tal e como indicou a edil responsable da área, Olga Ameneiro, a través da que se pretende axudar ás persoas interesadas a atopar o seu próximo frechazo literario cunha cita a cegas coa lectura. Dende hoxe ata o vindeiro sábado, día 15 (ou ata esgotar existencias) haberá na Biblioteca unha selección de libros envoltos, de diversa temática e nas diferentes seccións, elixidos dende o centro. As persoas que o desexen poderán levar un deles para a casa, sen ver o título nin a portada da publicación, só unhas pequenas pistas para axudarlles a elixir. A mesma proposta lévase a cabo tamén dende hoxe e ata o venres 14 na Axencia de lectura da Gándara. Esta iniciativa ten entre os seus obxectivos animar á cidadanía a explorar lecturas fóra da súa zona de confort e dar visibilidade a determinados libros que en ocasións pasan desapercibidos entre as novidades. Así mesmo, tamén se ofrece a posibilidade de coñecer a novos autores e autoras e descubrir novos estilos e xéneros literarios.

<<< Marzo 2025 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
naron.gal