O vehículo estará operativo durante os días 24 e 25 de febreiro nas inmediacións do novo centro de saúde
Narón, 19 de febreiro de 2024. Unha das unidades móbiles da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) estará na cidade o vindeiro luns e martes, días 24 e 25 de febreiro. En ambos casos o vehículo estará operativo nas inmediacións do novo centro de saúde, o luns en horario de mañá e tarde, de 9:30 a 14:30 e de 15:30 a 21:00 e o martes pola tarde, de 15:30 a 21:00 horas.
As persoas que acudan a doar sangue a primeira hora deben almorzar pola mañá e se van despois de xantar ao mediodía, terán que esperar dúas horas para poder facelo. Así mesmo, será preciso levar a tarxeta de doante, o DNI ou un documento similar e informar ao médico se se está tomando algún medicamento. Dende ADOS recordan que cada día se precisan máis de 400 doazóns nos hospitais galegos.
Para consultar posibles dúbidas sobre a doazón de sangue e a localización das unidades móbiles pódese chamar, de balde, ao número de teléfono 900 100 828.