Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A ALCALDESA DESPRAZOUSE Á ZONA DE BALTAR CON MOTIVO DO INICIO DAS OBRAS DE AMPLIACIÓN DA REDE DE SANEAMENTO E ABASTECEMENTO
Marián Ferreiro, acompañada polo edil de Obras, Pablo Mauriz, destacou o investimento realizado, que ascende a preto de 132.000 euros
Narón, 20 de febreiro de 2025. A alcaldesa, Marián Ferreiro, e o concelleiro de Obras, Pablo Mauriz, desprazáronse á parroquia do Val, concretamente ao lugar de Baltar, onde deron comezo os traballos correspondentes ao proxecto de instalación de tubarías de saneamento e abastecemento no vial de acceso ao convento de Baltar dende a AC-116. A actuación adxudicouse en 131.890 euros. As vivendas localizadas nas inmediacións da marxe esquerda do vial de acceso ao citado convento dende a estrada autonómica son as que se verán beneficiadas por esta actuación, ao carecer ata a data da citada infraestrutura. No proxecto destes traballos xa se especifica que existe un colector de evacuación de augas residuais pertencente á rede municipal nunha zona moi próxima. A maiores da condución deste servizo de saneamento de augas residuais inclúense nos traballos a habilitación dos puntos necesarios para o seu rexistro a unhas determinadas distancias. No que respecta á rede de abastecemento, para realizar a conexión prevista nesta actuación partirase do extremo da rede municipal existente na marxe esquerda da AC-116 e desenvolveranse dúas tubarías (unha en cada marxe da AC-114) co mesmo ámbito que os colectores do saneamento. A rexedora local subliñou o feito de que “dende o goberno local continuamos traballando para ampliar os servizos, neste caso o saneamento e abastecemento, na zona rural, avanzando para poder completar uns traballos que requiren dun importante investimento e que queremos axilizar contando coa colaboración doutras administracións, tal e como solicitamos e se fai noutros concellos”.

<<< Novembro 2025 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
naron.gal