Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO TRAMITA UNHA DENUNCIA POR UNHA INFRACCIÓN DUN PARTICULAR DEPOSITANDO RESTOS DE OBRA NUN CAMIÑO PÚBLICO DA ZONA DE CASTRO
Os concelleiros de Seguridade Cidadá, José Oreona, e de Medio Ambiente, Manuel Ramos, destacaron o labor dos corpos de seguridade e apelaron tamén á colaboración cidadá para erradicar este tipo de prácticas
Narón, 28 de febreiro de 2025. O Concello tramita unha denuncia interposta a un particular despois de que un axente da Policía Nacional o localizase realizando un verquido de restos de obra nun camiño público na zona do Salgueiral, na parroquia de Castro. As concellarías de Seguridade Cidadá e Medio Ambiente, presididas por José Oreona e Manuel Ramos, respectivamente, tomaron nota do informe realizado polo axente o pasado día 21 e no Concello realizouse a correspondente acta, tal e como indicaron. Dende o goberno local informouse que se manteñen as campañas de vixianza e control deste tipo de infraccións, que, segunda a súa tipificación poden supoñer sancións de ata 1.500 euros. “Non se poden consentir este tipo de condutas que atentan contra a salubridade e o medio ambiente”, destacaron, os edís, ao tempo que recordaron a operatividade do Punto Limpo do Polígono de Río do Pozo. Estas instalacións abren durante a semana en horario de mañá e tarde e tamén os sábados pola mañá, podendo depositarse residuos como escombro de pequenas obras, papel, vidro, madeira, plásticos, pinturas, electrodomésticos… “Contamos cunhas instalacións municipais nas que as veciñas e veciños poden depositar diferentes tipos de materiais e produtos, sen custe algún, e a maiores un servizo de balde de recollida de voluminosos, polo que non é de recibo que aínda algunhas persoas en vez de recurrir aos mesmos continúen fomentando a proliferación de vertedeiros ilegais”, subliñaron. Dende o Consistorio agradeceuse o labor dos Corpos e Forzas de Seguridade na loita contra este tipo de infraccións e tamén se requeriu novamente a colaboración cidadá. “Toda axuda é benvida cando tentamos de erradicar este tipo de prácticas, nas que en moitas ocasións é complicado coller ás persoas que as realizan”, aseguran.

<<< Outubro 2025 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
naron.gal