Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A EXPOSICIÓN DO 8M PÓDESE VER NO CENTRO COMERCIAL ODEÓN ATA O VINDEIRO 20 DE MARZO
A concelleira de Igualdade, María Lorenzo, visitou a mostra xunto coa xerente de Odeón, Cristina Imaz
Narón, 11 de marzo de 2025. A concelleira de Igualdade, María Lorenzo, desprazouse ao Centro Comercial Odeón para visitar xunto coa xerente das instalacións, Cristina Imaz, a exposición de paneis que o Concello realizou con motivo do 8M, Día Internacional da Muller. A mostra, que ten carácter itinerante, poderase ver nas citadas instalacións ata o vindeiro 20 de marzo, tal e como indicou a edil. Os paneis ofrecen información das mulleres homenaxeadas en Narón con motivo do 8M, como Mulleres do Ano de Narón, dende o ano 2016 ata este ano, cando a distinción recaeu por unanimidade da corporación local en Ana Isabel Ares Pernas, licenciada en Ciencias Químicas pola USC e vicerreitora do Campus de Ferrol na actualidade. A concelleira de Igualdade animou á cidadanía a achegarse a Odeón para visitar esta mostra, “na que se destaca o labor e a traxectoria profesional e persoal de moitas mulleres da nosa cidade”. Así mesmo, María Lorenzo avanzou que esta mesma exposición se poderá ver do 20 -pola tarde- ao 30 de marzo na Praza da Igualdade, na Gándara.

<<< Marzo 2025 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
naron.gal