Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO E O C.D. ESTRELLA A SOLAINA RENOVAN O ACORDO PARA MANTER O ESTACIONAMENTO DE PROXIMIDADE NA PARCELA DO CAMPO DE FÚTBOL
Ambas partes coinciden na necesidade de manter o actual uso da parcela, de titularidade municipal
Narón, 21 de marzo de 2025. O Concello de Narón chegou a un novo acordo co Club Deportivo Estrella A Solaina para continuar utilizando como estacionamento de proximidade no barrio da Solaina a parcela que inicialmente utilizaba o citado club para adestrar. Trátase dunha superficie de 4.000 metros cadrados de titularidade municipal e que dende o ano 2023 xa se estaba utilizando con esa finalidade, debido a que non tiña uso deportivo. Dende a directiva do club local indicaron que a necesidade dunha área de estacionamento neste barrio tan poboado da cidade se mantén, polo que consideran beneficioso de cara á cidadanía manter este acordo co Consistorio. Pola súa banda, dende o Consistorio agradeceuse a colaboración do C.D. Estrella A Solaina “por entender esa necesidade e tamén que neste momento é a mellor opción que temos de cara a ofrecer un amplo espazo de estacionamento no centro da Solaina”.

<<< Novembro 2025 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
naron.gal