O CONCELLO ORGANIZA DÚAS XUNTANZAS SOBRE COMO XESTIONAR OS CENTROS CÍVICOS E LOCAIS SOCIAIS MUNICIPAIS DENDE A CORRESPONSABILIDADE
A edil de Participación Cidadá, Olga Ameneiro, avanzou que terán lugar os días 27 e 30 deste mes de maio
Narón, 16 de maio de 2025. A concelleira de Participación Cidadá, Olga Ameneiro, anunciou que este mes de maio se levarán a cabo dúas xuntanzas programadas co fin de explicar como xestionar os centros cívicos sociais e locais municipais dende a corresponsabilidade. As convocatorias, indicou, diríxense ao persoal de todas as entidades que empregan estes espazos e levaranse a cabo os días 27 e 30 deste mes, segundo informou.
O primeiro día, o 27, o encontro desenvolverase no Centro cívico social de San Xiao, a partir das 19:00 horas e na xornada do venres 30 será no Centro cívico social da Gándara ás 18:30 horas. No transcurso dos mesmos, xunto con persoal da Escola de Participación Cidadá de Narón, os asistentes terán a oportunidade de dialogar sobre a xestión dos citados espazos municipais dende a corresponsabilidade, vendo exemplos sobre boas prácticas na xestión dos ambigús, da limpeza e revisando posibles dúbidas ou plantexando suxestións relacionadas cos Consellos reitores.