A ALCALDESA RECIBIU HOXE NO CONCELLO Á NOVA COMISARIA DE FERROL-NARÓN, CRISTINA OCHOA
Marián Ferreiro estivo acompañada polo concelleiro de Seguridade Cidadá, José Oreona, e o xefe da Policía Local de Narón, Eduardo Pita
Narón, 5 de xuño de 2025. A alcaldesa da cidade, Marián Ferreiro, recibiu hoxe no Concello á nova comisaria de Ferrol-Narón, Cristina Ochoa, na que foi a primeira visita institucional a Narón. Na reunión estiveron tamén presentes o concelleiro de Seguridade Cidadá, José Oreona, o xefe da Policía Local de Narón, Eduardo Pita, e o comisario principal xefe provincial Carlos Gómez.
A rexedora local deu a benvida á nova comisaria e ofreceu toda a colaboración do Concello para continuar traballando polo benestar da cidadanía. Ferreiro destacou a importancia da colaboración e coordinación que manteñen os Corpos da Policía Nacional e Local de Narón e valorou as xuntanzas que periodicamente se celebran para analizar diferentes asuntos vencellados á área de seguridade.