Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CENTRO MANUELA PÉREZ SEQUEIROS ACOLLEU UN ENCONTRO INTERXERACIONAL NO QUE PARTICIPOU ALUMNADO DO CRA DO VAL
Uns sesenta escolares cantaron, bailaron e realizaron outras actividades cos maiores
Narón, 16 de maio de 2025. O Centro Comunitario Manuela Pérez Sequeiros acolleu esta mañá un Encontro Interxeracional, unha convivencia programada co fin de mellorar a interación dos nenos e nenas coas persoas maiores. As edís de Participación Cidadá, Olga Ameneiro, e Ocio e Festexos, Mar Gómez, acudiron á convocatoria. Alumnado de primeiro a cuarto curso de educación primaria do CRA do Val, xunto con profesorado do centro, participou este ano na iniciativa. En total, algo máis de 60 menores e docentes que dende as 10:00 ata as 12:45 horas aproximadamente realizaron unha serie de actividades enmarcadas en seis recunchos rotatorios para seis participantes. Baile en liña, canto, visita ao centro de día, xogos, pintura colaborativa e músicas de antes e de agora. Os menores, divididos en quendas de dez persoas, interactuaron cos maiores en todas estas propostas, de media hora de duración cada unha delas aproximadamente, desfrutando dunha xornada de convivencia que incluíu unha merenda a media mañá. Deste xeito, todas e todos tiveron un papel moi activo, intercambiando experiencias nunhas xornada que valoraron moi positivamente por ambas partes.

<<< Xuño 2025 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
naron.gal