Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O MAGO ANTÓN REPRESENTARÁ ESTE DOMINGO EN FREIXEIRO O SEU ESPECTÁCULO "50 (1975-2025)
A entrada ao espectáculo, con varias funcións en horario de mañá e tarde, é de balde
Narón, 12 de setembro de 2025. O Padroado da Cultura de Narón organizou unha nova función do espectáculo de maxia do Mago Antón “50 (1975-2025)”, no que celebra as súas vodas de ouro sobre o escenario. A convocatoria será este domingo, día 14, no parque do río Freixeiro e as prazas por cada unha das quendas son limitadas -entrada pola orde de chegada das persoas interesadas en presenciar o espectáculo, ata completar o aforo-. As funcións programadas serán ás 11:30 e 13.00 horas e tamén en horario de tarde, ás 17.00 e ás 18.30 e 20:00 no interior do “magomóbil”, un particular vehículo a través do que o Mago Antón representa os seus espectáculos por diferentes concellos. Esta proposta diríxese a público familiar e aposta por poñer en valor o noso idioma para recordar a importancia que ten a palabra en galego.

<<< Setembro 2025 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal