Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO ACOLLEU UNHA REUNIÓN DO CONSELLO MUNICIPAL DE MEMORIA DEMOCRÁTICA DE NARÓN
A edil de Participación Cidadá, Olga Ameneiro, presidiu a convocatoria, á que asistiron os voceiros da corporación local e representantes da Asociación Memoria Histórica Democrática
Narón, 1 de outubro de 2025. A concelleira de Participación Cidadá, Olga Ameneiro, presidiu esta mañá a reunión do Consello Municipal de Memoria Democrática do Concello de Narón. Á convocatoria acudiron tamén os voceiros de TEGA, Román Romero; PP, Germán Castrillón; do BNG, Olaia Ledo, e do PSOE, Silvia de Arriba, e en representación da Asociación Memoria Histórica Democrática o presidente, Manuel Fernández Pita; os historiadores Enrique Barrera e Xosé Manuel Suárez. A de hoxe foi a segunda xuntanza que se convoca anualmente con carácter ordinario. No transcurso da mesma abordáronse diferentes temas, entre eles o nomeamento das vías públicas da cidade e a posibilidade de declarar determinados lugares de Narón como Lugares de Memoria Histórica. Outra das cuestións que se puxo sobre a mesa foron as posibles exhumacións na fosa común localizada no camposanto do Val, onde enterraron varias persoas de Narón e comarca fusiladas durante a época do franquismo. A concelleira de Participación Cidadá valorou positivamente esta nova xuntanza do Consello Municipal de Memoria Democrática, en canto que permite “poñer en común temas de gran relevancia para a cidade en particular e para a historia en xeral, tratando de homenaxear ás vítimas e de que non queden no esquecemento estes feitos”.

<<< Outubro 2025 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
naron.gal