Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
ÚLTIMAS PRAZAS PARA INSCRIBIRSE NO PROGRAMA GUIZO PROGRAMADAS ATA FINAIS DE ANO
O 18 de outubro e o 15 de novembro desenvolveranse as dúas últimas propostas no Centro Cívico do Couto
Narón, 13 de outubro de 2025. A concelleira de Política Lingüística, María Lorenzo, informou que as persoas que desexen asistir ás dúas últimas actividades do programa Guizo, dirixido a menores de 6 a 12 anos, dispoñen aínda dalgunhas prazas para inscribirse nas fixadas para este este sábado, día 18, e para o 15 de novembro. A iniciativa, de balde, desenvolverase nos dous casos a partir das 11:00 horas no centro cívico social do Couto. No caso desta semana, os asistentes participarán nun obradoiro de creación de instrumentos ancestrais vencellados á música de raíz, O gaiteiro verde. As nenas e nenos poderán construílos e tamén aprender a tocalos e a interpretar cantigas populares relacionadas con eles. O obxectivo é promover un ambiente creativo para a aprendizaxe e poñer en valor o noso patrimonio cultural e natural como pobo único e diferenciado. O vindeiro 15 de novembro será o turno da proposta Aprendices de ornitólog@, un obradoiro teatralizado no que dúas ornitólogas desesperadas por atopar paxaros contarán coa colaboración de nenas e nenos para encontralos. Para agradecerllo ensinaranlles ás familias o nome das aves, os seus hábitos, os seus cantos e onde viven en Galicia. A finalidade é que os menores coñezan e aprendan cales son as principais especies de aves en Galicia, como identificalas e a importancia das mesmas nos nosos hábitats. As inscricións deben tramitarse a través do correo electrónico: a.pita@naron.gal, indicando o nome da actividade, o nome e idade do menor participante, da nai, pai ou persoa acompañante, un enderezo electrónico e un teléfono de contacto. A información ao completo pode consultarse a través da web do servizo: www.naronengalego.gal.

<<< Outubro 2025 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
naron.gal