A COMPAÑÍA T-TINGLADO REPRESENTARÁ ESTE DOMINGO NO AUDITORIO O ESPECTÁCULO "O INCONVENIENTE"
A entrada ao espectáculo, enmarcado nun ciclo de teatro, é libre ata completar a capacidade do Auditorio
Narón, 16 de outubro de 2025. O ciclo de Teatro Amador regresará este domingo ao Auditorio municipal, na praza de Galicia, onde se poderá ver o espectáculo O inconveniente, da compañía T-Tinglado. A entrada é de balde e a representación dará comezo ás 18:00 horas. O Padroado da Cultura conta coa colaboración da administración provincial para programar este ciclo.
Luis G. Ramos dirixe esta obra, protagonizada por un axente inmobiliario que trata de levar a cabo unha complicada tarefa, vender un piso céntrico, moi amplo e a moi bo prezo pero que precisa dunha importante reforma. A propietaria do inmoble pon unhas condicións de venta moi extravagantes.