Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
NARÓN SÚMASE AO MOVEMENTO DO COMERCIO XUSTO
O Concello de Narón súmase ao movemento do comercio xusto da man de Solidariedade Internacional de Galicia, co obxectivo de sensibilizar á mocidade sobre o impacto do consumo e a importancia de escoller alternativas máis sostibles e responsables.
No marco da campaña Aquí e Acolá O Xusto, o mércores 22 de outubro ás 12:30 horas o IES As Telleiras acollerá a representación da obra teatral “Vaia Tea!”, da compañía Xucrut Teatre. A través do humor e a reflexión, esta peza convida a pensar sobre o modelo de consumo de roupa e as condicións laborais das persoas que a producen. A actividade está dirixida ao alumnado de segundo da ESO do IES As Telleiras, así como a alumnado de primeiro e segundo de FP Básica de Comercio do IES Terra de Trasancos, e pretende fomentar o pensamento crítico e o compromiso coa xustiza social e o consumo responsable. A campaña Aquí e Acolá O Xusto é unha iniciativa de Solidariedade Internacional de Galicia que busca visibilizar as desigualdades que provoca o comercio internacional e promover alternativas que garantan condicións laborais dignas e o respecto polos dereitos humanos en todo o mundo.

<<< Outubro 2025 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
naron.gal