Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO COMEZARÁ O LUNS A ENTREGAR OS RÓTULOS COAS NOVAS NUMERACIÓNS DE VIVENDAS DE SAN XIAO
Os edís de Estatística, Mar Gómez, e Patrimonio, José Oreona, anunciaron que dende o Concello se entregará a partir do luns, e durante as vindeiras dúas semanas á veciñanza da parroquia de San Xiao a nova numeración das súas vivendas.
Os rótulos, tal e como indicaron, son gratuítos, e levan o nome da rúa, o número da vivenda e un código QR que dá acceso a unha ficha con datos catastrais do inmoble. Para poder recoller a numeración correspondente deberán achegarse á terceira pranta do concello en horario de 8:30 a 13:30 horas, traendo a dirección e referencia catastral do inmoble. En semanas sucesivas irase anunciando o período para a recollida dos rótulos correspondentes a Castro, San Mateo e O Val. As persoas que teñan dúbidas sobre a dirección exacta asignada á súa vivenda poden consultala introducindo a referencia catastral da mesma no visor público do Concello, a través do enlace: https://tinyurl.com/mpkbnrhc. Dende o goberno local incidiuse na importancia de dispoñer dun número visible e correcto nas vivendas, co fin de facilitar o labor dos servizos de emerxencia, no caso de que sexan precisos; mellorar a localización para a entrega de correo postal e paquetería e tamén contar na cidade cun rueiro máis ordenado. Doutra banda, tamén se está procedendo á entrega da nova numeración dos centros cívicos municipais da cidade, así como procendendo a colocación de rótulos en todos os edificios municipais.

<<< Outubro 2025 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
naron.gal