O PLENO DO CONCELLO DE NARÓN APROBA UNHA DECLARACIÓN DE CONDENA E REXEITAMENTO DE CALQUERA FORMA DE NARCOTRÁFICO
        
          
             
          
          Na sesión extraordinaria  do pleno de Narón celebrada esta tarde no Concello aprobouse por unanimidade unha  declaración de condena e rexeitamento públicos e firmes de calquera forma de narcotráfico, crime organizado e branqueamento das súas figuras, manifestando o apoio institucional ás vítimas e ás entidades que loitan contra a drogadicción en Narón. Así mesmo, amosouse unha condena institucional  de calquera comportamento, xesto ou manifestación pública que poida supor unha banalización nas consecuencias do narcotráfico. O pleno do concello reiterou o compromiso ético de todos os representantes municipais na defensa dos valores de honestidade, responsabilidade e dignidade institucional.
          O voceiro de Terra Galega, Román Romero manifestou “as desculpas do grupo, se alguén se sentiu ofendido”,  deixando claro, que “un erro non é un delito, nin unha foto unha falta de ética”, e que “dende o grupo de goberno cremos que a política debe basearse en feitos, non en titulares; en responsabilidades reais, non en linchamentos mediáticos.”