Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO DE NARÓN REFORZA A COORDINACIÓN COAS COMISIÓNS DE FESTAS PARA MELLORAR A SEGURIDADE E OS PRAZOS DE TRAMITACIÓN
O Concello de Narón celebrou esta semana a súa reunión anual coas comisións de festas do municipio, un encontro que se adianta este ano co obxectivo de planificar con maior antelación a próxima tempada de festexos. Na xuntanza participaron o concelleiro de Seguridade, José Oreona, e a concelleira de Festas, Mar Gómez, xunto co técnico municipal de prevención de riscos laborais e representantes das diferentes comisións.
Durante o encontro acordouse a creación dunha canle de comunicación directa entre o Concello e as entidades organizadoras para recoller propostas do tecido asociativo e mellorar a coordinación en materia de seguridade. Mantendo a máxima vontade de colaboración, tamén se definiu o procedemento que permitirá garantir a protección tanto das comisións organizadoras como do conxunto da veciñanza. Un dos principais obxectivos é optimizar os prazos de tramitación, polo que se estableceu a obriga de comunicar con, polo menos, un mes de antelación toda a información relativa a instalacións temporais como escenarios, aparellos de recreo ou postos de comida. Ademais, o Concello ofrecerá ás comisións unha formación gratuíta en materia de actuación ante emerxencias. Esta acción formativa abordará cuestións prácticas sobre prevención e loita contra incendios, así como protocolos de atención en caso de accidente, co fin de mellorar a capacidade de resposta dos organizadores. A xuntanza enmárcase na política municipal de reforzar a colaboración co tecido asociativo e avanzar na seguridade e calidade das festas populares de Narón.

<<< Novembro 2025 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
naron.gal