Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO LEVA A ODEÓN UN PUNTO INFORMATIVO CONTRA O ACOSO ESCOLAR
Narón achegará á cidadanía os recursos contra o acoso escolar cun punto informativo este venres 9 de xaneiro no centro comercial Odeón, que funcionará entre as 17.30 e as 19.30 horas.
A iniciativa forma parte do “Obradoiro de convivencia escolar e prevención do acoso escolar”, desenvolvido polo Servizo Sociocomunitario Municipal, que busca dar a coñecer como detectar, previr e actuar ante situacións de acoso e ciberacoso, unha problemática que afecta directamente o benestar da infancia e da adolescencia. No punto informativo, persoal técnico especializado explicará en que consiste este programa municipal, que se leva a cabo nos centros educativos de Narón e que promove espazos de diálogo e reflexión sobre a convivencia, as relacións entre iguais e as situacións de violencia que se poden producir nas aulas. O obradoiro está dirixido ao alumnado de 5º e 6º de Primaria e 1º da ESO, así como ás familias e ao profesorado, aos que tamén se lles ofrece formación e asesoramento específico. Desde o Concello lembran que o acoso escolar pode ter consecuencias graves, como dificultades académicas, absentismo ou incluso abandono escolar, polo que consideran fundamental facilitar información e recursos accesibles á poboación. As persoas interesadas, poden acudir ao punto informativo de Odeón no que recibirán información sobre as sesións que se desenvolven nos centros educativos de Narón e os recursos dispoñibles contra o acoso escolar.

<<< Xaneiro 2026 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
naron.gal