Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
UN MURAL COLECTIVO DÁ UNHA NOVA VIDA Á FACHADA DA CASA DA MOCIDADE DE NARÓN
A fachada da Casa da Mocidade de Narón loce desde finais de decembro cunha nova imaxe chea de cor, movemento e mensaxe. Trátase do mural colaborativo do proxecto “Narón a toda cor”, unha iniciativa impulsada polo Concello de Narón na súa aposta pola creatividade xuvenil como ferramenta de expresión e de participación.
A actividade desenvolveuse durante o Nadal, entre a mañá do 25 e a tarde do 28 de decembro, e contou coa participación duns 25 mozos e mozas, entre eles dous rapaces de entre 12 e 14 anos que tiveron unha implicación destacada no proceso creativo. Ao longo de varios días, a fachada converteuse nun espazo aberto no que a mocidade puido colaborar, propoñer ideas e deixar a súa pegada artística. O mural propón un percorrido polas diferentes alternativas que ofrece a Casa da Mocidade á xuventude de Narón, e está artellado arredor do deporte, a saúde e o compromiso co skate, unha disciplina moi presente no municipio. A composición complétase con referencias á natureza, á música, á lectura, á diversidade cultural e sexual, así como a elementos vencellados á identidade de Narón. Todos estes compoñentes relaciónanse entre si para crear un “ecosistema” visual dinámico e cheo de vida, que se integra na contorna urbana e transforma a fachada nun punto de referencia colorido e atractivo do barrio da Gándara. O resultado é unha intervención artística que non só embelece o espazo, senón que reforza o vínculo da Casa da Mocidade coa mocidade que a utiliza, e co conxunto da veciñanza.

<<< Xaneiro 2026 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
naron.gal