Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
“FEBREIRO BERTOEIRO" ACHEGA ÁS ESCOLAS INFANTÍS DE NARÓN AS TRADICIÓNS GALEGAS DESTE MES
O Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Narón retoma este mes de febreiro a iniciativa As nosas tradicións nas escolas infantís municipais, coa distribución dun novo folleto titulado “Febreiro bertoeiro”.
Este programa ten como obxectivo achegar ás familias as principais tradicións galegas e a maneira en que se celebran no municipio, así como dar a coñecer datas clave para a lingua e a cultura galegas, como o Día das Letras Galegas, o Día de Rosalía ou o Día de Narón. A iniciativa serve tamén para difundir os recursos do programa Apego, no que participa o Concello, orientado a fomentar a socialización en galego desde os primeiros anos de vida. Entre outubro e decembro de 2025 xa se repartiron os materiais correspondentes ao outono, ao Día de Narón e ao Nadal. Neste mes de febreiro, o protagonismo recae na Candeloria, o Entroido e o Día de Rosalía, ademais de incluír recursos da tradición oral pensados para o uso en familia. O material recolle información sobre o significado da Candeloria, os seus refráns e rituais tradicionais; explica a orixe e características do Entroido, as máscaras máis representativas de Galicia, as sobremesas típicas e as falcatruadas propias destas datas; e lembra a figura de Rosalía de Castro, o seu papel fundamental no Rexurdimento da lingua galega e a celebración do seu día, o 23 de febreiro. No apartado dedicado ao Entroido, destácase tamén o papel do Padroado da Cultura do Concello de Narón, que organiza o Festival de Comparsas, con desfile e concurso. Ademais, o folleto incorpora referencias aos recursos dispoñibles no programa Apego, con arrolos, xogos e recitados para celebrar estas festividades en familia. Os folletos distribúense nas escolas infantís municipais e tamén están dispoñibles para descarga na páxina web do Servizo de Normalización Lingüística, www.naronengalego.gal, no apartado de dinamización. Así mesmo, pódense consultar os materiais de Apego en www.apego.gal, dentro da sección de recursos. Con esta iniciativa, o Concello de Narón reafirma o seu compromiso coa promoción da lingua galega, a transmisión interxeracional da cultura e o apoio ás familias na educación lingüística e cultural da infancia desde os primeiros anos.
Descarga de archivos
Tamaño:1,83 MB

<<< Xaneiro 2026 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
naron.gal