Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO ABRE ESTE XOVES O PRAZO PARA DOUS CURSOS GRATUÍTOS DE PREPARACIÓN DO PERMISO DE CAMIÓN E AUTOBÚS CON CAP
O Concello de Narón abre este xoves 26 de marzo o prazo de inscrición para dous cursos gratuítos orientados á obtención dos permisos profesionais de condución de camión (permiso C) e autobús (permiso D), ambos co seu correspondente CAP inicial (mercadorías e viaxeiros), dirixidos a persoas desempregadas.
O prazo de solicitudes permanecerá aberto ata o mércores 1 de abril ás 13:30 horas e as inscricións poderán formalizarse no Rexistro Xeral municipal, na sede electrónica ou polos medios previstos na normativa vixente. As accións formativas desenvolveranse entre o 27 de abril e o 31 de xullo, no caso do curso de camión, e desde o 27 de abril ao 5 de xuño o de autobús. Ambos contarán cun total de 250 horas de duración e desenvolveranse na sede da Autoescola Anpidriver, na Gándara, en horario de mañá para as sesións teóricas, mentres que as prácticas de condución se organizarán de maneira individual, tamén en horario de mañá. Os dous cursos inclúen a formación teórica e práctica do CAP, así como a preparación específica para a obtención dos permisos (C e D), incorporando tamén o pagamento das taxas dos exames oficiais, agás o custo do psicotécnico, que deberá asumir o alumnado. Cada unha das acción formativas contará cun máximo de dez prazas, reservándose un 20% para persoas derivadas do Servizo Sociocomunitario. A selección realizarase por rigorosa orde de inscrición sempre que se cumpran os requisitos esixidos, entre eles ter máis de 21 anos no caso do camión e 24 no de autobús, estar empadroado en Narón —aínda que poderán acceder persoas doutros concellos se quedan vacantes—, atoparse en situación de desemprego e dispor do permiso de condución B e do correspondente psicotécnico en vigor. A listaxe provisional de persoas admitidas publicarase na sede electrónica municipal, abríndose un prazo de 24 horas para reclamacións, e as persoas seleccionadas deberán confirmar a súa participación tras seren contactadas telefonicamente. Para máis información, pódese consultar a web municipal ou contactar co Servizo Sociocomunitario no teléfono 981 33 77 00 (extensións 1108 e 1109).

<<< Marzo 2026 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
naron.gal