Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO PARTICIPA NOS ACTOS POLO 95 ANIVERSARIO DA II REPÚBLICA NOS CEMITERIOS DO VAL E SAN MATEO E XUNTO Á ÁRBORE DE GUERNIKA
O Concello de Narón participou este martes nos actos de conmemoración da II República organizados pola Asociación Cultural Memoria Histórica Democrática (ACMHD), desenvolvidos nos cemiterios do Val e San Mateo e nas inmediacións do Pazo da Cultura, xunto á árbore de Guernika.
Martes, 14 de abril de 2026. A convocatoria, que mantivo o formato de anteriores edicións, consistiu en tres ofrendas florais e a intervención do presidente da Asociación Cultural Memoria Histórica Democrática, Manuel Fernández Pita, co obxectivo de recordar as vítimas do golpe de Estado do 36 en Narón e no resto da comarca e pedir xustiza e reparación. Na xornada estiveron presentes varios membros da asociación, así como os concelleiros Pablo Mauriz e Mar Gómez, xunto a representantes dos grupos políticos de Terra Galega, PSOE e BNG. O primeiro dos actos tivo lugar ás 12:00 horas no cemiterio do Val. Alí, as persoas asistentes realizaron unha ofrenda floral fronte á placa situada nas inmediacións da igrexa parroquial. No propio camposanto levouse a cabo tamén unha segunda ofrenda na zona na que se realizaron prospeccións para localizar fosas comúns nas que poderían xacer represaliados da zona. Durante a visita, Manuel Fernández Pita foi o encargado de sinalar aos asistentes os puntos nos que existen estas fosas comúns, incidindo na importancia de preservar a memoria destes espazos e continuar avanzando na súa investigación e nas exhumacións. Os actos continuaron no cemiterio de San Mateo, onde se realizou unha nova ofrenda floral en recordo das vítimas. Neste emprazamento, Pita sinalou a existencia dunha placa na memoria de tres asesinados en agosto do 36 e tamén a sepultura na honra daqueles que deron a súa vida pola liberdade. A xornada concluíu nas inmediacións do Pazo da Cultura, xunto á árbore de Guernika, cunha terceira ofrenda floral. Dende o Concello destacan a importancia de apoiar este tipo de iniciativas, que contribúen a manter vivo o recordo das vítimas e a poñer en valor a defensa dos principios de liberdade, igualdade e democracia.

<<< Abril 2026 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal