O Concello uniuse á convocatoria da FEMP e da FEGAMP para manifestar o pesar e consternación polo sinistro e trasladar a solidariedade e o pésame ás familias e amizades das vítimas, desexando a pronta recuperación das persoas feridas.
Mércores, 28 de outubro de 2026. O Concello de Narón gardou esta tarde un minuto de silencio diante da porta principal da casa consistorial en sinal de apoio e respecto ás vítimas do accidente ferroviario de Urda, en Toledo, e a todas as persoas afectadas polo sinistro.
A concentración celebrouse ás 20:00 h, cando se detiveron os concellos en resposta á convocatoria da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP), á que se sumou tamén a Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP). Narón uniuse así a un acto de homenaxe compartido polo conxunto do municipalismo.
Membros do goberno local e representantes dos catro grupos municipais –Tega, PP, BNG e PSdeG–, participaron no minuto de silencio acompañados por traballadores municipais e por veciñanza que quixo achegarse ata o Concello.
As bandeiras da casa consistorial ondearán a media asta durante os tres días de loito oficial decretados polo Goberno de España, que se prolongarán o 29, 30 e 31 de outubro.
Con este xesto, o Concello de Narón quere trasladar o seu pesar e a súa solidariedade ás familias e amizades das vítimas, así como ás persoas feridas e a todas as afectadas pola traxedia.