Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A TRIXÉSIMO TERCEIRA EDICIÓN DO CICLO TEMPO DE MÚSICA COMEZA ESTE SÁBADO NO LOCAL SOCIAL DA PICOTA
A convocatoria desenvolverase ao longo de catro xornadas no local social da Picota
Narón, 6 de novembro de 2026. O Concello de Narón colabora un ano máis coa Asociación de Veciños do Couto no ciclo Tempo de Música, que este ano celebra a súa trixésimo terceira edición e que se iniciará este sábado ás 18:00 horas no local social da Picota, na parroquia do Couto. A primeira das actuacións correrá a cargo da Xove Banda de Narón, da Asociación Cultural Musical Sementeira, de Narón. As restantes propostas musicais deste ciclo, que rematará o 6 de decembro, levaranse a cabo os domingos. A convocatoria conta coa colaboración da Rede Cultural, da administración provincial e da Federación de Corais de Galicia (Fecoga). O vindeiro 15 de novembro subiranse ao escenario os integrantes da coral polifónica Agarimo (Sillobre, Fene) e o Tradicoro, da asociación Airiños de Fene. Na xornada do 22 de novembro será o turno da agrupación coral Endesa, das Pontes, e da coral Alecrín, de Brión (Ferrol). Pechará o ciclo o 6 de decembro a actuación que protagonizarán o grupo de acordeóns Os do Xesteira, de Narón e a coral Amistad, da asociación de veciños do Couto, impulsora desta convocatoria. O ciclo Tempo de Música do Couto é unha das propostas máis asentadas no ámbito cultural da cidade. A entidade veciñal da citada parroquia traballa dende hai moitos anos para manter viva esta convocatoria, con entrada de balde.

<<< Novembro 2026 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal