Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO LICITA EN 112.400 EUROS AS OBRAS DO NOVO ALMACÉN PARA O CLUB DE PIRAGÜISMO LOCAL EN XUVIA
A nova construción ubicarase a escasos metros das instalacións do club local, tal e como indicou a alcaldesa, Marián Ferreiro
Narón, 26 de novembro de 2026. O Club de piragüismo Narón disporá dun novo almacén para gardar o seu material trala licitación por parte do concello da construción destas instalacións no paseo marítimo de Xuvia. O goberno local destinará aos traballos unha partida de 112.400 euros, que se cofinanciarán con cargo ao Plan de Obras e Servizos da Deputación da Coruña. A nova construción sumarase ao local que o citado club local ten na rúa Marcial Calvo dende hai máis de quince anos, a uns metros de distancia. Nos últimos anos reformáronse as instalacións existentes para mellorar os aseos, os vestiarios e a accesibilidade, detectándose a necesidade de máis espazo para almanecenamento de piraguas e equipos. Con esta finalidade, tal e como indicou a alcaldesa, Marián Ferreiro, apostouse por crear este novo espazo preto do embarcadoiro localizado na zona. A rexedora local subliñou a importancia de “continuar apoiando a práctica deportiva e ir mellorando as instalacións existentes e creando outras novas nunha cidade na que afortunadamente contamos cun diverso tecido deportivo que, a día de hoxe, fai que algunhas delas se queden pequenas, o que é un sinal de que se incrementa o número de persoas que practican deporte”. A construción estará perfectamente integrada na súa contorna, con módulos independentes de contenedores situados nunha zona de fácil acceso tanto dende as instalacións do club de piragüismo, da zona de parque e urbana como do bordo costeiro e do propio pantalán, tal e como se especificaba no proxecto. “Colocaranse dous contenedores para almacén de piraguas e un terceiro para equipos vencellados a esta práctica deportiva, dotados dous deles cun aseo”, apuntou Ferreiro. Dende o Consistorio especificouse que se elixiu o sistema de contenedores individuais “pola súa facilidade no caso de que sexa preciso un eventual cambio de localización e para crear unha baixa pegada no territorio, sen necesidade de elementos alleos”. Os contenedores terán unhas dimensións de 12,20 x 2,40 x 2,60 metros, con porta dobre na cabeza e no exterior serán forrados con madeira tratada.

<<< Novembro 2026 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal