Agárdase a presenza de 15.000 visitantes durante ese fin de semana, para contemplar a recreación da vida nunha aldea rural de antaño.
Narón, 8 de Xullo de 2011.- A parroquia de Sedes acollerá, do 29 ó 31 de xullo, a 13ª edición do Oenach Atlántico, organizado polo Padroado de Cultura do Concello de Narón en colaboración co Grupo de Traballo de Sedes.
Na organización deste evento están a participar ademáis 120 veciños desta parroquia, que levan seis meses preparando todo o necesario para recrear a vida nunha aldea castrexa. Este evento cultural contará coa visita de máis de 15.000 persoas procedentes de toda Galicia e Portugal, segundo apuntaron hoxe os organizadores.
O programa de actividades é o seguinte:
Venres 29 de xullo
22,30h Recreación parateatral de acendido de lumes e benvida de estandartes de clanes convidado no Oenach
22,40h Noite de Múseca Galiciana: Noite do acordeón
Sábado 30 de xullo
11,00-21,00h
Feira de Artesanía Cerámica Galicia-Portugal.
Recreación museística de Aldea Castreño.
Foro Galiciano de Asociacións Rurais.
Merca-Troco de obxetos usados.
Mercadiño de artesanía varia.
Mostra etnográfica.
14,30h Xantar de empaña de xurelo lañado, e costela de porco celta ó braseiro
16,30h Xogos populares e deporte rural.
22,30h Noite do Castro:Recreación parateatral no Castro de Eiravedra da obra".
23,30h Ruada en Placente con repichoca popular.
Domingo 31 de xullo
10,00-20,30h
Mostra e Feira do Porco Celta.
Mostra e Feira do Can de Palleiro.
Feira de Artesanía Cerámica Galicia-Portugal.
Recreación museística de Aldea Castreño.
Foro Galiciano de Asociacións Rurais.
Merca-Troco de obxetos usados.
Mercadiño de artesanía varia.
Mostra etnográfica.
12,00h Exhibición de manexo de animais:
-Arrastre de toradas con parellas de vacas e bois.
-Adestramento de can de palleiro.
13,15h Recreación parateatral na Aldea Castreña.
14,30h Xantar na parcela do Oenach.
17,30h Xogos populares,deporte rural e arrastre con gando.
19,30h Carreira Popular do Castro de Eiravedra.
20,30h Peche do Oenach Atlántico.