Os destinatarios son o Centro de Promoción Social San Xosé Obreiro, e as asociacións de veciños Chafarís e Virxe de Fátima.
Narón, 15 de Xullo de 2011.- O Alcalde de Narón, Xosé Manuel Blanco, asinou hoxe tres convenios de colaboración coas seguintes entidades: Centro de Promoción Social San Xosé Obreiro, Asociación de Veciños Chafarís e Asociación de Veciños Virxe de Fátima.
Dous destos convenios son en materia de participación cidadá, e outro é de servizos sociais. A firma do acordo co Centro de Promoción Social San Xosé Obreiro (3.500 €), permitirá a execución de programas de servizos sociais e atención ás persoas maiores, ademáis de actividades culturais e deportivas de carácter municipal. En representación desta entidade acudíu Angel Galdo Soto.
O convenio coa Asociación de Veciños Chafarís (3.000 €) ten como obxecto o desenvolvemento de programas de actividades dirixidos ós seus usuarios. Hoxe rubricou este acordo o presidente da entidade, Manuel García Loureiro.
E por último, o convenio coa Asociación de Veciños Virxe de Fátima (5.300 €), asinado pola súa representante, Maribel Mouriz, servirá para desenvolver accións sociocomunitarias en materia de participación cidadá.
Na firma dos convenios tamén estivo presente a Concelleira de Participación Cidadá e Acción Social, Catalina García.