O trofeo, gañado pola Selección Española en 2010, estivo no auditorio durante o pasado domingo 15 de xaneiro.
Narón, 17 de Xaneiro de 2012.- A Copa Mundial de Fútbol acadada pola selección española no pasado Mundial de 2010 estivo en Narón o día 15 de xaneiro, onde foi visitada por centos de persoas que quixeron apreciar de cerca o trofeo, e ser fotografiados con él. A cita foi no hall do Pazo da Cultura de Narón, onde estivo exposta durante todo o día a copa, que ten unha altura de 36,8 centímetros e cinco kilos de peso.
Realizada en oro mazizo de 18 quilates, nela se representan dúas figuras que suxeitan o planeta. A Selección Española de Fútbol conseguíu o trofeo no último Mundial, celebrado no 2010 en Sudáfrica.
O horario de visita foi de 12 a 14 horas, e de 16 a 20 horas. O delegado da Federación Galega de Fútbol, Manolo Mesa, entregou o trofeo á Concelleira de Deportes de Narón, Natalia Hermida, entorno ás 12:00 horas, para a súa colocación no vestíbulo do Pazo da Cultura, onde foi visitado.