Veñen de crear unha Sociedade Anónima Laboral (S.A.L.) para facerse cargo da compañía, e precisan que se lles garanta a carga de traballo.
Narón, 3 de Maio de 2012.- O comité de empresa de Privilege (formado polos sindicatos CIG, CCOO e UGT) anuncio hoxe en rolda de prensa a creación dunha Sociedade Anónima Laboral (S.A.L.) formada por 51 dos 73 traballadores que integran a plantilla da compañía, co obxectivo de concurrir ó concurso de acreedores, para facerse cargo da empresa e evitar así a súa quebra definitiva.
Os novos socios teñen 60 días de prazo para comprar a empresa, participada na actualidade polo grupo Quarella (60%), e os organismos autonómicos Xesgalicia e Sepides (cun 20% de accións cada un). Pero precisan o respaldo da Xunta de Galicia para garantir a viabilidade da mesma, xa que consideran que é rentable pero precisan carga de traballo.
Con este prantexamento, o Comité de Empresa mantivo unha xuntanza o pasado 17 de abril co Conselleiro de Industria da Xunta de Galicia, Javier Guerra, quen lles manifestou o apoio da administración galega para reflotar a compañía, con sede en Narón. Nembargantes, logo desa reunión producíronse certas discrepancias coa dirección de Xesgalicia , que sembraron as dudas dos traballadores sobre o respaldo da Xunta de Galicia a esta compañía.
Por iso, hoxe acudiron ó Concello a anunciar a creación desta S.A.L., e buscar o apoio do Alcalde de Narón e dos voceiros dos grupos políticos con representación municipal (TEGA, PSOE, BNG e PP) que lles ofreceron o seu apoio unánime e sen fisuras.
Agora os novos socios levarán a S.A.L. ó Rexistro Mercantil, para rexistrar a empresa como unha marca, e tratarán de buscar o apoio económico da Xunta de Galicia (ven mediante axudas á industrialización, ou mediante a participación no accionariado da empresa, ou outra fórmula que se lles prantexe) neste proxecto industrial.