Máis de 700 escolares de Infantil, Primaria, ESO e Bacharelato participaron neste concurso que rende homenaxe ás Letras Galegas.
Narón, 16 de Maio de 2012.- O Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, clausurou hoxe a XXIII edición do Certame Intercentros, que contou coa participación de máis de 700 escolares de Educación Infantil, Primaria, Secundaria e Bacharelato de Narón. A gala na que se rendíu homenaxe a Valentín Paz Andrade, transcurríu no Auditorio Municipal da Praza de Galicia, onde se entregaron os seguintes galardóns:
-Modalidades de murais, conto, conto ilustrado e cómic (participaron alumnos de Educación Infantil e Primaria)
-Modalidades de narrativa, poesía, cómic e teatro escrito (alumnado de ESO e Bacharelato)
-Modalidades de reportaxe radiofónica e xornalística (alumnado de Bacharelato)
-Modalidade de expresión oral (alumnos de Educación Infantil, Primaria, ESO, Bacharelato, e Ciclos Formativos)
-Cartel anunciador das Letras Galegas 2012.
Ademáis, o Alcalde de Narón entregou un único premio, con carácter solidario, para o alumnado de LenÇois-Bahía, (Brasil) pola súa participación neste certame, dando a coñecer a súa realidade social e cultural. Recolleu o premio Juan Pernas, membro da directiva da ONG Lena, quen colabora con esta rexión de Brasil.
José Manuel Blanco agradeceu a participación masiva do alumnado neste certame, e lembroulles a importancia de continuar formándose academicamente e persoalmente, “xa que vos sodes o futuro”, destacou.
A gala contou tamén coa actuación do grupo de teatro “O Aturuxo de Melpómene” que representou un skech humorístico sobre unha entrevista ficticia a Valentín Paz Andrade, protagonizado polos actores María Veiga e Iván González.
A relación de centros de ensino que participaron no Certame Intercentros foi a seguinte: CEIP Virxe do Mar, CEIP A Gándara, CEIP de Piñeiros, CEIP Ponte de Xuvia, CRA de Narón, CEIP A Solaina, CPI O Feal, IES Terra de Trasancos, e IES As Telleiras.
O centro organizador do Certame Intercentros 2012 foi o CEIP Virxe de Mar, que deixa agora paso ó Colexio Rural Agrupado (CRA) de Narón, que organizará a XXIV edición do Certame Intercentros do Concello de Narón.