O Concello aporta 257.000€ para o fomento do deporte de base no municipio.
Narón, 22 de Maio de 2012.- O Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, asinou hoxe 11 convenios deportivos con asociacións e clubs deportivos da cidade, en diferentes disciplinas deportivas, por importe total de 257.000€. Con estas aportacións anuais, o Concello sella así o seu compromiso co deporte que se ven realizando en Narón con enorme éxito deportivo e alta participación da mocidade. “Temos preto de 3.500 persoas facendo deporte a diario en Narón, e iso para nos é un logro destacable, cuxo éxito depende en boa parte do traballo que fan os equipos e clubs que hoxe asinan estos convenios”, declarou o primeiro edil.
A relación de clubs ou entidades e os importes dos convenios son os seguintes:
CLUB REMO NARON 7.500€
AGRUPACION DEPORTIVA SANTIAGO APOSTOL 28.000€
SOCIEDADE DEPORTIVA O VAL DE NARON 45.000€
CLUB CIDADE DE NARON 71.000€
CLUB DE GOLF CAMPOMAR 15.000€
CLUB NARON VOLEA 5.500€
CLUB ATLETISMO NARON 33.000€
ESCOLA SUPERIOR DE KARATE 9.000€
CLUB DE TENIS DE MESA CIDADE DE NARON 9.000€
CLUB BALONMAN NARON 12.000€
AGRUPACION DEPORTIVA NAUTICO DE NARON 22.000€
IMPORTE TOTAL 257.000€
Na firma de convenios tamén estivo presente a Concelleira de Deportes de Narón, Natalia Hermida, quen comentou que este municipio “é un referente importantísimo no mundo do deporte galego, grazas a todos vos. Temos que seguir traballando nesta liña e dende o Concello de Narón a pesares da crisis seguimos apostando polo fomento do deporte de base”, declarou a edil.
Na mesma liña expresouse o Alcalde, sinalando que “a cultura, o deporte, a infancia e a dependencia son os catro pilares fundamentais do noso municipio, e imos intentar que permanezcan inalterables a pesares das dificultades económicas que estamos a sufrir os concellos”, indicou José Manuel Blanco.
O esforzo foi agradecido polos representantes das entidades que acudiron á firma dos convenios, coma a Agrupación Deportiva Nautico de Narón, cuxa presidenta tomou a palabra para agradecer “que nestes tempos tan difíciles, o Concello siga a estar apoiándonos”. Tamén o presidente do Club de Golf Campomar explicou que “nos está costando manter as actividades do club pero sen a vosa axuda sería xa imposible”. Por último, o presidente do Cidade de Narón de Fútbol engadíu que “nesta época de capitalismo salvaxe, é de agradecer que unha institucion cumpla as súas promesas, e vos o fixéchedes” sinalou en referencia ó Concello de Narón.