Entre sus funcións estarán a de poñer a andar os consellos de participación cidadá, e actualizar os datos das entidades asociativas.
Narón, 9 de Xullo de 2012.- O Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, e a Concelleira de Participación Cidadá, Catalina García, presentaron hoxe o inicio do programa “Escola activa de participación cidadá” que se desenvolverá nos vindeiros meses, ata finalizar o ano 2012. Para levar a cabo esta labor, tense contratado a unha técnico de participación cidadá que asesorará ás entidades e ocuparase de desenvolver o Regulamento Orgánico de Participación Cidadá, aprobado en 2009.
A Concelleira de Participación Cidadá, Catalina García, explicou que este programa se centrará en tres aspectos fundamentais:
-Actualización dos datos dos consellos xerais e dos consellos de participación cidadá, poñendo ó día os seus representantes.
-Axuda ás entidades a captar subvencións municipais e doutras administracións.
-Actualización do censo de asociacións de Narón, descartando as que non están operativas e poñendo ó día as que existen e están a desenvolver unha actividade.
Con estas accións, preténdese “dar un empuxe ó regulamento de participación cidadá, e sentar as bases para que no futuro poidase continuar traballando nesta área”, sinalou García.
Pola súa banda, o Alcalde de Narón engadíu que a colaboración do movemento asociativo neste programa resultará fundamental “xa que o Concello pode artellar iniciativas para que as entidades traballen, para darlles vida, pero elas teñen que camiñar xunto a nos”. José Manuel Blanco lembrou que o Regulamento Orgánico de Participación Cidadá “xa foi aprobado na pasada lexislatura, pero é agora cando temos que ir crecendo e afondando neste documento”.