Foron elexidos a actriz Yolanda Muiños, o concelleiro de Urbanismo e Medioambiente, Manuel Ramos, e o cociñeiro Alfonso Pendás.
.
Narón, 17 de Xullo de 2012.- A parroquia de O Couto acolleu o pasado domingo 15 de xullo a celebración da 14ª Festa gastronómica do Pemento do Couto, que se desenvolveu baixo carpa na explanada situada frente ó local da AVV do Couto. O pregoneiro desta nova edición da Festa do Pemento do Couto foi o actor e productor Celso Parada.
Dende o ano 2010, a Festa do Pemento do Couto ten ido crecendo de xeito notable ata chegar a convertirse nun evento cultural, ademáis dunha cita para a exaltación deste producto da horta, cultivado directamente por parte dos productores da Cooperativa de O Val.
A Festa do Pemento do Couto está organizada pola AVV do Couto e o Concello de Narón, en colaboración coa Cooperativa do campo de O Val.
Ademáis do tradicional pregón, tivo lugar o nomeamento dos tres novos membros da Orde de Damas e Cabaleiros do Pemento do Couto,que recibiron a insignia do Pemento de Honra e a correspondente capa de cor verde, que lles acredita como membros da orde. Ademáis, prestaron o correspondente xuramento.
Este ano 2012 distinguiuse ás seguintes persoas:
-Por parte do Concello de Narón, á actriz naronesa Yolanda Muiños (recolleu o premio o seu pai, ó atoparse traballando e non poder desprazarse ata aquí)
-Por parte da AVV do Couto, ó concelleiro de Urbanismo e Medioambiente de Narón, Manuel Ramos.
-Por parte da Cooperativa de O Val, ó cociñeiro Alfonso Pendás (do restaurante Casa Pendás, en Sedes).