As obras teñen un orzamento de 37,6 millóns de euros e finalizarán en decembro de 2015.
Narón, 16 de xullo de 2012.- Os Alcalde de Narón (José Manuel Blanco) e Ferrol (José Manuel Rey) asinaron o pasado 14 de xullo un convenio de colaboración coa Xunta de Galicia e a empresa pública AcuaNorte, para o remate das obras de saneamento integral da ría de Ferrol.
En concreto, asináronse tres convenios. O primeiro deles, entre a Xunta de Galicia, a entidade pública empresarial Augas de Galicia, os Concellos de Ferrol e Narón e a Sociedad Estatal Aguas de las Cuencas de Norte S.A. para a construcción e explotación da actuación "interceptores xerais da marxe dereita da ría de Ferrol". O orzamento desta obra é de 37,6 millóns de euros, e se financiará entre o Estado (que aportará o 90%, a maioría con cargo ó plan FEDER, e o 10% restante con cargo a AcuaNorte, cuxa recuperación deberán garantizar os concellos de Ferrol e Narón a través das tarifas) e a Xunta (o 10% restante). O prazo de finalización previsto é no mes de decembro de 2015. Estas obras contemplan dous tramos diferenciados: A Malata-A Gándara (con 7 kms de lonxitude) e A Gándara-Cadaval (de 8 kms).
Ademais, asinouse un segundo convenio entre a Xunta de Galicia, Augas de Galicia, Acuaorte e o Concello de Narón para o desenvolvemento da actuación de "interceptores xerais da marxe dereita da ría de Ferrol: tramo Cadaval-Neda". Esta obra contempla unha lonxitude de 5 kms de tubería, o bombeo das augas hacia O Cadaval e cun tanque de tormenta en Freixeiro.
Por último, asinouse un terceiro conveno entre o Concello de Ferrol e Augas de Galicia, para a construcción do "Colector Interceptor da Malata".
O Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, lembrou que o saneamento da ría "é unha das asignaturas pendentes das últimas décadas, e hoxe ese obxectivo está máis cerca que nunca, logo da sinatura destes convenios que van permitir a posta en marcha dos interceptores que conectarán Ferrol e Narón coa Estación Depuradora de Cabo Prioriño".
O rexedor destacou o protocolo asinado para lograr que a rede de interceptores se estenda ata Xuvia, e que non estaba prevista no proxecto inicial. Ademáis, lembrou que os naroneses "a pesares de que non tíñamos que facelo, ó estar declarada a obra de interese xeral do Estado, imos facer un exercicio de corresponsabilidade participando na cofinanciación da mesma". José Manuel Blanco engadíu ó respecto que "entendemos que non se pode retrasar máis o saneamento dunha ría, que é fonte de riqueza para toda a comarca".
O Alcalde finalizou agardando que "o esforzo que imos facer os habitantes de Narón se vexa correspondido nun horizonte próximo co apoio das administracións á extensión do saneamento á zona rural de Narón".